Paula Fernández publicou nas páxinas do «Faro da Cultura», de Faro de Vigo, unha recensión crítica sobre Os Megatoxos e os Templarios da Luz, de Anxo Fariña.
Narrativa de fondo social
Removendo as conciencias
Edicións Xerais vén de reeditar a terceira entrega das aventuras dos Megatoxos, Ninfa, Lúa, Ruxe e Faísca, os catro rapaces destinados a vivir aventuras incribles, que non por isto se volven inverosímiles, dende que un accidente os convertera en mutantes.
Os megatoxos e os Templarios da Luz trátase dunha reedición enriquecida, revisada e ampliada polo autor quen coloca os protagonistas nos Pireneos, nunha viaxe de estudos que os levará ao pasado,ao París da Revolución Industrial para penetrar nunha orde tan pechada e misteriosa como é a dosTemplarios, sempre fascinante e atraente. Preséntanse conflitos,dúbidas e reflexións sobre a vida e a morte, perigos e aventuras, moitas aventuras nunha lectura que atrapa, idónea para preadolescentes, con todo o que iso implica no que atinxe ás relación entre eles, ao seu rexistro lingüístico e, á súa maneira idealista de enfrontarse ao mundo.
De seguro moitos rapaces e rapazas han estar pendentes, desta publicación. Porque a serie dos Megatoxos é desas que engancha,que crea seguidores e, sen dúbida ningunha, se este fose un país normalizado sería das preferidas na rapazada de entre doce e catorce anos, como acontece con outras series estranxeiras desta sorte, ás que non ten nada que lle envexar, pero que metidas no mainstream causan furor entre os lectores e lectoras.
GRAZAS, Paula!
7 comentarios:
Enoravoa Anxo, alégrome moito de que o teu libro dos Megatoxos saise publicado no periódico.Ainda que non me extraña nadiña se e tan xenial.
Penso o mesmo
Grazas, Yoel e anónimo!
Teño que esforzarme para que secan cada vez máis xeniales se é posible.
Teño 18 anos e séguenme gustando como o primeiro día!
O_O
Déixasme alucinado , Sara. Espero que o próximo libro que sae a principios de outubro non te defraude.
Teño 14 anos e encantanme os teus libros👍
Grazas, Raquel.
Unha aperta forte :)
Publicar un comentario